Pat Parker

Infotaula de personaPat Parker
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata
Houston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xuño de 1989 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Oakland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCancro de mama Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOakland Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Francisco
Los Angeles City College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , poetisa , activista polos dereitos das mulleres Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Discogs: 4966876 Editar o valor em Wikidata

Pat Parker, nada en Houston (Texas) o 20 de xaneiro de 1944 como Patricia Cooks e finada o 17 de xuño de 1989,[1] foi unha poeta e activista estadounidense. Tanto a súa poesía como o seu activismo beben da súa experiencia como muller lesbiana, feminista e afroamericana.[2][3] A súa poesía fala da súa dura infancia medrando na pobreza, lidando con agresións sexuais e coa morte dunha das súas irmás.[4] Con dezaoito anos, Parker estaba nunha relación cun maltratador e tivo un aborto despois de ser empuxada por unhas escaleiras.[4] Despois de dous divorcios, saíu do armario, "abrazou a súa sexualidade" como lesbiana e "non coñeceu límites á hora de expresar as partes máis íntimas de si mesma".[4]

Parker participou no activismo político e involucrouse no partido das Panteras Negras e no Consello Revolucionario das Mulleres Negras, chegando a formar o Women's Press Collective.[5] Participou no activismo coas comunidades gay e lesbiana, contra a violencia doméstica e polos dereitos dos afroamericanos.[6] Publicou cinco coleccións de poesía: Child of Myself (1972), Pit Stop (1975), Movement in Black (1978), Woman Slaughter (1978) e Jonestown and Other Madness (1985).

  1. "dcpl_blade_1989-06-23_00003 | DC Public Library". digdc.dclibrary.org. Consultado o 31 de xullo de 2020. 
  2. Bereano, Nancy K. Publisher's note, Movement in Black, 1989, Crossing Press, ISBN 0-89594-113-9
  3. Pat Parker. Contemporary Authors Online, Gale, 2002. Reproducido en Biography Resource Center. Farmington Hills, Mich.: Gale Group, 2008 (http://www.galenet.com/servlet/BioRC). Entrada actualizada o 25 de xullo de 2000. Consultado o 27 de decembro de 2008.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Rebel Girls from Bay Area History: Pat Parker, Lesbian Feminist Poet and Activist". KQED. 30 de abril de 2018. Consultado o 23 de xuño de 2019. 
  5. "Pat Parker, Black lesbian poet and activist well worth knowing" Arquivado 07 de decembro de 2021 en Wayback Machine., Peterson Toscano, 7 de marzo de 2015.
  6. Biografía de Pat Parker, Voices from the Gaps.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search